1.- Distancia:
17 km.
2.- Percorrido:
Ponte Mera, Casón, Bíduido, Teixido.
3.- Dificultade:
Media.
4.- Notas específicas sobre a ruta:
O Apóstolo Santiago chegou ás nosas costas nunha barca de pedra e nas nosas costas rematará esta peregrinación polos camiños de Galicia. Partimos da vila mariñeira de Cee, pasamos por Corcubión e chegaremos a Fisterra, que tamén chaman "a fin da terra" ou "a fin do mundo". Que mellor lugar para poñer fin tamén á nosa aventura?
«Os camiños nacen e morren como os homes se ninguén os percorre, e este de Ourense a Teixido levaba moito tempo de agonía sen camiñantes», con esa frase de Álvaro Cunqueiro introducimos esta pelerinaxe que en 1927 Ben-Cho-Shey, Vicente Risco e Otero Pedrayo decidiron levar a cabo. Coa premisa «A San Andrés de Teixido vai de morto o que no foi de vivo», daremos a coñecer este enclave situado nas Rías Altas de Galicia, sobre os cantís máis altos da Europa continental, no municipio de Cedeira. Sobre este pequeno lugar se cerne o segundo santuario máis visitado da comunidade galega: Santo André de Teixido. Un lugar cargado de historia, de beleza e de lenda. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, familia Uvigo e Comunidad Alumni ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
6.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla) ás 8.00, Vigo (rúa do Areal, nº52) ás 8.00 e de Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) ás 8.25.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.