Aula 24 (Facultade de Química)
O obradoiro ten unha duración total de 30 horas.
O alumnado adquirirá as seguintes capacidades:
O alumnado precisará ter coñecementos básicos no emprego de correos electrónicos. Para as saídas de campo, recoméndase dispor de roupa e calzado apropiados. As mesmas realizaránse no Campus de Vigo (Lagoas-Marcosende) e o alumnado debe de ter unha mobilidade suficiente que lle permita desprazarse con seguridade en contonas naturais e con chan irregular.
Docentes: Paula Estévez Caride, María Cabaleiro Alfaya, Gabriel Pérez Torrón, Tixiana Albizúa Cabaleiro
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
● Introdución á Macromicoloxía ● Normativa galega para a apaña de cogomelos silvestres ● Manexo de claves de identificación de cogomelos (claves tradicionais e Mycokey) ● Amanitas e cogomelos semellantes ● Boletus e cogomelos semellantes ● Cantharellus e Craterellus e cogomelos semellantes ● Lactarius e cogomelos semellantes ● Macrolepiotas e cogomelos semellantes ● Outros cogomelos de interese ● Micetismos e o seu tratamento ● Nutracéutica e introdución á micogastronomía