Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Descripción: Trátase dun obradoiro fundamentalmente práctico no que se otorgan ferramentas para abordar a educación a través do corpo. O obradoiro é de especial interés para as profesionais de maxisterio, aínda que está dirixido ao público en xeral.
Directora e docente: María del Pino Díaz Pereira
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Sesión 1: O corpo e a expresión corporal como elemento transversal no curriculum de primaria.
Sesión 2: Corpo e saúde. Hixiene postural, aliñación corporal, mobilidade articular e sistema músculo-esqulético. Relaxación e coidados.
Sesión 3: Comunicación non violenta e prevención de violencia escolar: liberdade e límites.
Sesión 4: Creatividade, xogo, cooperación. A música, o movemento e a danza-xogo.
Sesión 5: Sensibilización e conciencia corporal. Propiocepción, sisstema vestibular e sentido do tacto.
Sesión 6: As cualidades do movemento e a conciencia espacial. Da exploración á improvisación e a composición.
Sesión 7: O contacto físico e o desenvolvemento psicoafectivo. Educación en consentimento.
Sesión 8: Danzas corais e socioafectividade. A integración da diversidade e a cohesión grupal.
Sesión 9: Proposta e aplicación metodolóxica para a creación colectiva dunha guía didáctica.