Este obradoiro ten unha duración de 20 horas.
Descripción: Os deportes electrónicos, os eSports, son o novo fenómeno dixital da nosa era e o seu termo fai referencia aos videoxogos competitivos arredor dos cales se organizan unha serie de torneos e equipos para determinar quen é o/a mellor.
Director e docente: Millán Brea Castro
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Introdución ó concepto de eSports e videoxogos. Orixe e evolución.
Beneficios (a nivel físico, cognitivo, psicolóxico, emocional, expresivo, comunicativo, afectivo e social) e actualidade (Libro branco do videoxogo).
Papel da industria dos eSports na sociedade actual.
Achegamento ó Legend of Legend (LOL)
Achegamento ó Brawl Stars.
Achegamento ó Clash Royal.
Achegamento a xogos deportivos. Rocker League.