Descrición: Neste obradoiro ensinaránse conceptos teóricos e prácticos sobre a macromicoloxía e o emprego de diferentes ferramentas para a identificación de cogomelos. En tódalas xornadas se realizarán saídas polo campus de Ourense e a contorna para apañar os exemplares que despois se identificaran na aula.
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- Introdución á Macromicoloxía.
- Normativa galega para a apaña de cogomelos silvestres.
-Manexo de claves de identificación de cogomelos (claves tradicionais e Mycokey)
-Amanitas e cogomelos semellantes.
-Boletus e cogomelos semellantes.
-Cantaharellus e Craterellus e cogomelos semellantes.
-Lactarius e cogomelos semellantes.
-Macrolepiotas e cogomelos semellantes.
-Outros cogomelos de interese.
-Micetismos e o seu tratamento.
-Nutracéutica e introdución á micogastronomía