Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Descripción: A temática deste obradoiro versará sobre a mirada que a sexoloxía pode aportar ás formacións relacionadas co ámbito do psico-social e do educativo.
Directora e docente: Encarnación Sueiro
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. Nocións de sexo como cualidade humana
1.1 Sexo como pracer
1.2 Sexo como reprodución
1.3 Sexo como cualidade humana
2. Feito Sexual Humano
2.1 Campos conceptuais: sexuación, sexualidade, erótica, amatoria, parella, procreación
2.2 Modos, matices e peculiaridades
2.3 Dificultades comúns e dificultades engadidas
3. Atención á diversidade
3.1 Teorías explicativas: isomorfía, dimorfía e intersexualidade
3.2 Modelos existentes
3.3 Modelo sexolóxico-biográfico
4. Actitudes na Intervención: prohibitivas, permisivas e comprensivas
5. Obradoiro práctico de corpo e diversidade
6. Traballo co alumnado para a aplicación práctica dos contidos traballados