Un espazo para desenvolver habilidades Maker poñendo o foco no ámbito educativo. Un espazo para a reflexión e construción conxunta no que a tecnoloxía se convirte nuin contexto para a mellora da práctica docente.
Este obradoiro conta con dúas horas de traballo persoal do alumno.
Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Habilidades Maker para Educación:
-Introdución á Robótica Educativa: Proxecto Escornabot.
- Montaxe ,experimentación, programación e personalización dun robot Escornabot
-Deseño e creación de propostas didácticas
- Iniciación ao Deseño 3 D
- Iniciación á Impresión 3 D
- Iniciación á Programación e Electrónica / Arduino