Facultade de Belas Artes
"Animación en risografía" é un obradoiro de introdución teórico-práctico ao mundo da risografía, aplicado á animación de fotograma a fotograma ( stop motion). Estará impartido polo estudo de animación RAPAPAWN, constituido por Óscar Raña e Cynthia Alfonso, ambos artistas gráficos. Tamén colaborará o artista e docente Marcos Covelo na primera parte do curso e coma coordenador do mesmo, explicando fundamentos básicos do uso da máquina RISO SF9350. A base desta atividade, é a aplicación da técnica risográfica sobre a imaxe en movemento, xerando unha peza en bucle apoiada no erro da propia técnica, o seu peso matérico e analóxico para unha imaxe xerada nun proceso dixital. Esto irá desde a ideia, pasando pola sua aplicación práctica até a sua materialización en vídeo. Todo esto mediante o emprego de programas específicos (Photoshop e Premiere/Finalcut) para o seu desenvolvemento e posterior montaxe. A atividad terá lugar no espazo de Risografía da Facultade de BB.AA. de Pontevedra.
OBXECTIVOS:
ANIMACION EN RISOGRAFIA
- Introdución á risografía. Unha pequena explicación da técnica e os seus usos. - Breve teoría da animación en risografía e exemplos actuais. -Aprendizaxe e desenvolvemento de procedementos para a realización dunha animación fotograma a fotograma na técnica risográfica. - Aprendizaxe e desenvolvemento dunha animación final en risografía. Cómo preparar os documentos para a súa posterior edición en bucle e impresión co uso de Photoshop. - Proba de impresión e posterior montaxe en programas de edición de vídeo para ver os resultados do obradoiro. - Elaboración dun vídeo a partir do aprendido. - Reunión do alumnado para a visualización conxunta dos resultados e posterior charla.