Escola de Enxeñaría Forestal
Analizar outras posibles aplicacións antrópicas derivadas do uso dos cogomelos
NOTA:
O alumnado precisará ter coñecementos básicos no emprego de correos electrónicos. Para as saídas de campo, recoméndase dispor de roupa e calzado apropiados.
O alumnado debe de ter mobilidade suficiente que lle permita andar con seguridade en contornas naturais e con chan irregular.
Precísase capacidade de desprazamento (coche) ás áreas de observación e recolección de cogomelos (proximidades da cidade de Pontevedra).
• Introdución á Macromicoloxía • Normativa galega para a apaña de cogomelos silvestres • Manexo de claves de identificación de cogomelos (claves tradicionais e Mycokey) • Amanitas e cogomelos semellantes • Boletus e cogomelos semellantes • Cantharellus e Craterellus e cogomelos semellantes • Lactarius e cogomelos semellantes • Macrolepiotas e cogomelos semellantes • Outros cogomelos de interese • Micetismos e o seu tratamento • Nutracéutica e introdución á micogastronomía