Facultade CC. Sociais e da Comunicación.-Seminario 9
Para acadar estes obxectivos, o temario proposto combina breves contidos teóricos con contidos prácticos, co obxectivo final de que o alumnado adquira un nivel comunicativo básico da LSE e ao mesmo tempo contextualicen o uso da lingua e coñezan os aspectos fundamentais da comunidade e da cultura xordas. Estrutúrase en catro bloques:
l. Que sabes da LSE (contidos lingüísticos); 2. Comunícate coas mans (contidos comunicativos); 3. Contextos de uso (contidos funcionais); 4. O contexto sociocultural da LSE (contidos sociais, culturaís, educativos, etc.)
* REQUISITOS: ordenador propio con webcam ou smartphone
BLOQUE l. Que sabes da lingua de signos española?
Tópicos e crenzas erróneas sobre as linguas de signos. As persoas xordas e as linguas de signos.
A investigación das linguas de signos. A estrutura lingüística das linguas de signos.
Educación bilingüe das persoas xordas. Materiais educativos en ou sobre lingua de signos.
Sistemas de escritura das linguas de signos. A diversidade lingüística da lingua de signos española.
BLOQUE 2. Comunícate coas mans
Uso do alfabeto dactilolóxico A interrogación. Interrogativas parciais y totais.
Os pronomes persoais. Os numerais O nome: características; xénero e número Os verbos Os clasificadores O adxectivo: características; os graos
As oracións simples: enunciativas, afirmativas e negativas, imperativas...
A orde da colocación dos elementos oracionais
BLOQUE 3. Contextos de uso Presentacións (presentarse e presentar a outros, deletrear o noso nome...).
Conversacións: pedir e dar datos persoais. A familia e as relación de parentesco O meu entorno: a vivenda, a escala, os transportes,...
Descricións (cores, formas, números, etc.) Expresión de opinións, actitudes e coüecementos.
Expresión de gustos, desexos e sentimentos
BLOQUE 4: O contexto sociocultural da LSE
A nosa identificación persoal: cal é o teu sinal? A concepción das persoas xordas e a súa diversidade social: minoría lingüística e discapacidade, a heteroxeneidade social. A comunidade xorda: comunidade, cultura xorda e movemento asociativo.
Accesibilidade e barreiras de comunicación. Convencións sociais básicas (por exemplo, aplausos).
O recoñecemento legal da lingua de signos. A educación inclusiva no caso do alumnado xordo.