Unha disciplina relacionada co benestar integral que está en auxe desde hai máis de 3 décadas en moitos campos, desde a saúde mental ata a educación. Deseñado para iniciar a adultos nunha proposta que combina teoría , prácticas grupais e individuais.
Docentes: Stuart Mcnicholls
Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Este obradoiro conta con tres horas de traballo individual
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
O piloto automático
Facer fronte os obstáculos
Mindfulness, respiración e movemento
Manterse presente
Aceptación e permiso para o que é
Pensamentos: feitos ou acontecementos mentais?
Como podo coidarme mellor?
Utiliza o que aprendiches no futuro