Pista de herba sintética 4 e 5 do campus As Lagoas, Marcosende
1.- Descrición
Escola deportiva de tenis de iniciación e perfeccionamento. Non son necesarios coñecementos previos. Cada alumno deberá traer a súa propia raqueta.
2. Persoas destinatarias
Terán prioridade as persoas pertencentes á comunidade universitaria e á comunidad Alumni Uvigo. No caso de quedar prazas libres ao remate do prazo de inscrición, abrirase para o resto de persoas interesadas.
3. Inscricións
- Realizar a inscrición nesta web.
- O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
4. Información adicional
- As horas efectivamente realizadas recoñeceranse como horas ECTS ata un máximo de 60 horas por curso académico. Estas horas son incompatibles coas da pertenza ao equipo federado.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.