1.- Distancia: 17 km.
2.- Percorrido: Parada, Porto-Alemparte, Arnuide, Seiró, Bóveda
3.- Notas específicas sobre a ruta: distancia: 17 km (dificultade media)
4.- Descrición: O mellor miradoiro para comprender as dimensións da extinta Lagoa de Antela sitúase en Bóveda (Vilar de Barrio). Desde este punto podemos divisar unha extensión de máis de vinte quilómetros á redonda. Coa serra de San Mamede ás nosas costas, a nacente do Río Limia. Esta situación estratéxica entre os vales do Limia e Arnoia está vixiada polo “Monte do Castelo”, un xacemento arqueolóxico único en Galicia que supera as 15 hectáreas de extensión e os 2000 anos de antigüidade. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado. 5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, familia Uvigo e Comunidad Alumni ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
6.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.