1.- Distancia: 17 km. (media-alta)
2.- Percorrido: Fiães do Río - Paredes - Outeiro - Pitões das Júnias.
3.- Notas específicas sobre a ruta: nesta ocasión faremos unha pequena travesía de sendeirismo que percorrerá a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés procurando dar a coñecer os valores naturais e culturais dun territorio que non entende de fronteiras. Dentro do programa visitaremos as ribeiras do río Beredo, a silha dos ursos e o foxo do lobo da Portela da Fairra, a famosa fervenza de Pitões dás Júnias e a sorprendente chegada ao Mosteiro de Santa María das Júnias. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
4.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
5.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.