1.- Distancia: 18 km.
2.- Itinerario: Larouco - Freixido - Seadur
3.- Dificultade: media.
4.- Descrición: unha ruta para saborear as tinguiduras mediterráneas das paisaxes de Larouco. Os antigos romanos xa souberon sacar da terra o grande viño que aínda hoxe caracteriza o lugar coas tradicionais covas escavadas no subsolo. A ruta inclúe cata de viños e paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
6.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla) ás 9.15, Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) ás 9.15 e Vigo (rúa do Areal, nº46) ás 9.40.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.