1.- Entidade que presta o servizo: Marexada.
2.- Lugar de celebración: Illa de San Simón.
3.- Persoas destinatarias: Comunidade universitaria UVigo, comunidade alumni, persoas vencelladas e persoas externas (permitirase unha persoa familiar directa ou en análoga relación como acompañante por cada participante da comunidade universitaria).
4.- Inscricións: As persoas farán primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número minimo de persoas necesario para conformar o grupo, as quen fixera a pre-inscrición recibirá un correo electrónico para que faga o pagamento nun prazo máximo de 48 h. No caso de non facelo, perderá o dereito a reserva da dita praza.
5.- Punto de encontro: A actividade non inclúe o transporte. As persoas participantes presentaranse ás 11.30 h na Praia de Cesantes (Redondela) para o reparto de material e explicación da actividade, con introducción á navegación en kaiak.
6.- Horarios: a actividade comeza ás 12.00 h e ten unha duración aproximada de 2 h.
7.- Información complementaria:
- Hai que levar chanclas, bañador e toalla. O resto do material (licra, neopreno, chaleco salvavidas, gafas e aletas) corre a cargo da organización.
- A actividade inclúe unha andaina pola propia Illa de San Simón e se as condicións o permiten snorquel nos arredores da illa.
- A actividade consiste nunha travesía/excursión en kaiak pola enseada de San Simón, na que se realizarán diferentes paradas de interese como a estatua de Xulio Verne e a lenda do Nautilus. Visitaremos as dependencias da illa a través dun percorrido guiado polas súas instalacións, no que realizaremos un percorrido histórico por este ben de interese cultural, a súa importancia para a cidade de Vigo e o seu posicionamento estratéxico nas batallas de Rande. Finalmente faremos unha pequena parada nos illotes de San Bartolomé e San Norberto, onde coñeceremos a auténtica lenda dos naufraxios de Rande.
- Obrigatorio saber nadar.
- A partir dos 14 anos. As persoas que teñan entre 14 e 17 anos ralizarán a actividade acompañadas do seu pai/nai ou titor/a legal.
- É preciso contar cunha condición física que permita meterse na auga, padexar, cargar coa embarcación e camiñar unha distancia aproximada duns 4 km.
- Comunidade universitaria UVigo, comunidade alumni, persoas vencelladas e persoas externas (permitirase unha persoa familiar directa ou en análoga relación como acompañante por cada participante da comunidade universitaria).