1.- Organizador: Consejo Superior de Deportes e a Universidade Isabel I.
2.- Lugar: Burgos.
3.- Participantes
Para poder participar nestes campionatos é preciso:
- Ser alumnado de primeiro, segundo, terceiro ciclo ou de outros títulos de carácter oficial da Universidade de Vigo durante o curso actual.
- Poñer en coñecemento da Área de Benestar, Saúde e Deporte a intención de participar dentro do prazo marcado nesta web.
- Cumprir a normativa xeral de participación e os criterios de selección esixidos (consultar arquivos ao pé desta web).
4.- Modalidade
Combate e poomsae.
5.- Pesos para as categorías de combate:
- Categoría feminina: -46, -49, -53, -57, -62, -67, -73, +73
- Categoría masculina: -54, -58, -63, -68, -74, -80, -87, +87
6.- Grao
Estar en posesión, polo menos, do cinto vermello en combate e negro en Poomsaes.
7.- Inscricións
As inscricións realizaranse exclusivamente a través desta web.
8.- Probas de selección
As probas de selección para a modalidade de combate celebraranse no ximnasio As Sport de Vigo o domingo 29 de xaneiro de 2023 ás 11.10 h. A selección de taekwondistas para a modalidade de poomsaes tamén se realizará ese día, pero queda pendente a celebración desta modalidade da intención da universidade organizadora.
9.- Recoñecemento de créditos ECTS
Recoñecerase ao alumnado con 15 h ECTS pola participación na fase final dun Campionato de España Universitario (ou con 30 horas no caso de conseguir medalla).