Aula Permanente de Música Tradicional Galega-Campus de Pontevedra -
Obxectivos e temática:
1. Consolidar o Grupo de Música Tradicional da Aula Permanente, como un grupo musical formado, principalmente, pola comunidade universitaria e cualificado para facer actuacións de diversa índole. Os seus variados formatos (gaitas e percusión, zanfonas, acordeóns etc.) fan que sexa moi versátil para diferentes tipos de actos.
2. Continuidade na aprendizaxe e mellora dos instrumentos que se ofertan neste obradoiro. Ampliar os coñecementos dos instrumentos, que xa se empregan e mellorar tanto o seu manexo como complementar a formación coa aproximación a outros instrumentos relacionados.
3. Captación de novo alumnado para aumentar e enriquecer as posibilidades deste proxecto educativo musical.