Campus remoto Uvigo. ONLINE. sala 2709
Coñecer, comprender e saber usar as ferramentas dunha folla de cálculo: creación de táboas, representación gráfica, cálculo de parámetros e medidas.
Para iso emprarase software libre ofrecido pola folla de cálculo Calc dentro da suite informática Libreoffice. O uso de software libre proporciona numerosas vantaxes para usuarios, empresas e gobernos. É un software que se pode compartir e usar por todo o mundo de maneira non exclusiva, servindo ao ben público; fomenta a innovación; e resiste á monopolización, mellorando a competencia. Estes aspectos atópanse aliñados cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 relativos á Educación de Calidade (obxectivo 4), Reducción das desigualdades (obxectivo 10) e a Paz, Xustiza e Institucións Sólidas (obxectivo 16).
Módulo 1: A xestión dun libro e o traballo con celas. A xestión dun libro: gardar e recuperar un libro. O traballo con celas.
Módulo 2: Formato e comentarios nas celas. Cambiarlle o formato a unha cela: aliñación, número, fonte, marxes, tramas, autoformato. Copiar e mover celas. Agregar, modificar e eliminar comentarios nunha cela. Módulo 3: Fórmulas e funcións. Creación de fórmulas. Funcións: estatísticas, media, máximo, mínimo, conta, lóxica. Módulo 4: Gráficos e impresión de follas. Gráficos: tipos de gráficos, selección de valores, inserir gráfico, formato gráfico. Configuración dunha folla: páxina, marxes, encabezamento e pé de páxina, folla, vista preliminar e impresión.