Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
O obradoiro centrarase en que os asistentes aprendan conceptos teóricos sobre Árbores e Arbustos arborescentes e coñezan as súas aplicacións en diferentes ámbitos da vida cotiá, así como a relación destes organismos co ser humano ao longo da historia (alimentación, medicina, usos ornamentais e forestais). Ademais, tentarase que o alumnado aprenda a empregar diferentes ferramentas para a identificación práctica das árbores e arbustos arborescentes. Realizaranse nalgunhas sesións saídas de campo (8 h) para revisar e identificar exemplares in situ dos vistos nas sesións teóricas. Nas demais sesións haberá unha presentación sobre diferentes usos das Árbores e Arbustos (12 h).
Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Docentes: María Cabaleiro Alfaya, Hugo Fernández Ricón, Adrián Melón Raña, Gabriel Pérez Torrón.
NOS OBRADOIROS RESPECTARANSE TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE DERIVADAS DA COVID´19, SEGUNDO A NORMATIVA APLICABLE, INCLUÍNDO O USO DA MÁSCARA QUE SERÁ OBRIGATORIO EN TODO MOMENTO.
- Introdución á botánica e a identificación de especies arbóreas - Especies arbóreas con usos alimentarios - Especies arbóreas con usos medicinais - Especies arbóreas con usos forestais - Especies arbóreas con usos ornamentais - Os perigos das especies invasoras