Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
O obradoiro centrarase en que os asistentes aprendan conceptos teóricos sobre Etnobioloxía e coñezan as súas aplicacións en diferentes ámbitos da vida cotiá, así como a relación dos diferentes organismos co ser humano ao longo da historia (alimentación, medicina, usos domésticos e rituais). Ademais, tentarase que o alumnado aprenda a traballar de xeito práctico algunhas das técnicas de obtención de materiais xerados por seres vivos.
Realizaranse sesións teóricas e sesións prácticas cunha duración total de 20 h.
Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Docentes: Paula Estévez Caride, María Cabaleiro Alfaya, Hugo Fernández Ricón, Adrián Melón Raña.
NOS OBRADOIROS RESPECTARANSE TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE DERIVADAS DA COVID´19, SEGUNDO A NORMATIVA APLICABLE, INCLUÍNDO O USO DA MÁSCARA QUE SERÁ OBRIGATORIO EN TODO MOMENTO.
- Introdución á etnobioloxía - A etnobotánica, a etnomicoloxía e a etnozooloxía - Organismos con usos alimentarios - Organismos con usos medicinais - Organismos con usos domésticos - Organismos con usos rituais - Futuro rural coa recuperación do pasado etnobiolóxico