Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Descrición:Queres aprender a cultivar cogomelos na casa? Gustaríache saber máis sobre a bioloxía dos fungos? Neste obradoiro exploraremos as distintas fases do cultivo doméstico de cogomelos, así como o cultivo en diferentes medios, utilizando materiais que podemos atopar no noso propio fogar. Ao finalizar o obradoiros, o alumnado levará para a casa un pequeno tronco e unha bolsa de palla inoculados con cogomelos comestibles.
Este obradoiro conta con 2 horas de traballo individual do alumnado.
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
NOS OBRADOIROS RESPETARANSE TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE DERIVADAS DA COVID'19, SEGUNDO A NORMATIVA APLICABLE, INCLUÍNDO O USO DA MÁSCARA QUE SERÁ OBRIGATORIO EN TODO MOMENTO.
- Introdución ao mundo dos cogomelos e a súa domesticación.
- Cultivo de cogomelos: especies, parámetros, fases, medios e substratos.
- Medidas de asepsia e esterilización parsa traballo con micelios.
- Preparación de medios de cultivo: placa, gran, paca e tronco.
- Contaminantes, infeccións e patóxenos.
- Lexislación vinculada cos cogomelos cultivables.
- Micorrizas e o seu papel no ecosistema.
- Explotación micolóxica forestal.
- Nutracéutica e introdución á micogastronomía.