Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Descrición: Uso de tecnoloxías respectuosas co medio ambiente para o tratamento de biomasa de orixe agroalimentario, forestal ou mariño dun xeito sostible, empregando auga como único axente extractor e seguindo os conceptos de biorrefinería e economía circular.
Os obradoiros con docencia total ou parcial por videoconferencia implican que a persoa matriculada dispoña de equipamento con conexión a internet, cámara e microfono.
Este obradoiro conta con 3 horas de traballo persoal do alumnado
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades presenciais programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade na que pretenda validar esas horas, presentado certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
NOS OBRADOIROS RESPETARANSE TODAS AS MEDIDAS DE SEGURIDADE DERIVADAS DA COVID'19, SEGUNDO A NORMATIVA APLICABLE, INCLUÍNDO O USO DA MÁSCARA QUE SERÁ OBRIGATORIO EN TODO MOMENTO.
-Biorrefinería
-Escalamento de procesos para o procesado de biomasa en términos de biorrefinería
-Extracción de biomoléculas
-Péptidos bioactivos en alimentos
-Aplicación de compostos en cosméticos
Prácticas de laboratorio:
-Técnicas de extracción convencional
-Análise de compostos bioactivos
-Técnicas de extracción por ultrasóns
-Técnicas de extracción por autohidrólise
-Técnicas de extracción por microondas
-Ánalise de compostos bioactivos
-Comparativa entres as diferentes tecnoloxías de extracción