O tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo terá lugar este ano no Auditorio Municipal de Ourense (Rúa da Canle, 2, 32004 Ourense)
ORQUESTRA SINFÓNICA VIGO 430
Directora: Isabel Rubio
Brais González: Música de cine
Se precisas autobús para asistir dende Pontevedra ou Vigo preme AQUÍ
O concerto de Nadal da Uvigo é realmente especial na historia do proxecto da Orquestra Vigo 430. Trátase de un programa que foi adiado debido aos efectos derivados da pandemia no seu período máis virulento.
Entrando xa a falar da música que podremos escoitar en este concerto, o compositor vigués e gran especialista en música de cine Brais González, levarános a unha travesía de máis de seis décadas, ao longo dos principais expoñentes musicais e cinematográficos da Historia de Hollywood; un singular camiño no que poderemos comprobar de primeira man cómo a música composta para a imaxe foise desenvolvendo co paso dos anos e como a música de concerto foi unha constante fonte de inspiración para os creadores de Bandas Sonoras.
A través deste percorrido poderemos descubrir as sonoridades da Idade de Ouro do cinema americano e as contribucións que moitos autores europeos fixeron ás creacións cinematográficas americanas. Tamén cómo o cinema de animación dixital converteuse, non só nun xénero fílmico con voz propia, senón que desenvolveu unha linguaxe musical específica con características moi particulares. Por último, daranos tempo a sobrecollernos coas reminiscencias wagnerianas do cinema épico e de acción destas últimas dúas décadas que levan as forzas orquestrais ao límite.
BRAIS GONZÁLEZ
O compositor e pianista vigués Brais González estudou na Universidade Mozarteum de Salzburgo e nos conservatorios de Vigo e Oviedo. Actuou como solista e músico de cámara nunha vintena de países europeos. Como compositor, as súas obras foron interpretadas en importantes escenarios do continente, como o Auditorio de Galicia, o Conde Duque (Madrid), o KUMU (Estonia), o Baltais Fligelis (Letonia) ou a Galeria Flux (Hungría). Os seus traballos discográficos en solitario afondan na súa exploración da linguaxe e composicións clásicas coas músicas improvisadas e de raíz. É fundador de Caspervek Trio, unha das bandas europeas de referencia na musicalización de cine mudo en directo. Na súa labor fóra do eido da música académica, participu como arranxista e productor do álbum do cantante folk Nelson Quinteiro “Músicas de Domingo”, na composición e producción da música incidental para obra teatral “Pyka” do Colectivo CinemaSticado e na composición e deseño musical da multi-premiada curtametraxe de Diego R. Aballe “Canibalismo”. En 2021 ven de publicar co selo IBS unha escolma de sonatas do barroco italiano xunto ao violinista Roberto Alonso.
Dende o ano 2014 codirixe e produce o podcast de musicoloxía e divulgación musical “Anónimo IV” xunto á investigadora Erea Carbajales. É cofundador do proxecto “Bórea”, unha iniciativa con base en Suiza que busca explorar as relacións entre a música de cámara e as novas tecnoloxías dixitais.
ISABEL RUBIO
Actualmente Directora Asociada da Orquestra Vigo 430 e a Joven Orquesta Sinfónica de Granada, Isabel Rubio foi Directora Asistente da Orquestra de Valencia na tempada 2018/19 e asistente de Lucas Macías na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) 2021. Tamén dirixiu a Orquesta Federal de la Comunidad Valenciana, a Joven Orquesta de Castelló, a Orquestra de Cámara Sine Tempore e as Bandas Municipais de Madrid, Bilbao, Alacante, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vitoria. Exerceu como Directora Titular das Bandas de San Pedro del Pinatar e Santomera en Murcia, e a Banda de Lalín en Pontevedra. Foi membro da Brussels Philarmonic Orchestra, a Chapelle Musicale de Tournai en Bélxica, e da Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia. Foi gañadora do I Concurso de Dirección de Orquestra en Alacante, do I Concurso Internacional de Dirección Ciudad de Villena así como gañadora dos I Encontros sobre Dirección Orquestral en Bilbao. Así mesmo, foi galardoada con Mención de Honra e co Primeiro Premio do VI e X Concurso de Música Entre Cordas e Metais en Cartaxena. No ámbito internacional, foi seleccionada en diversos concursos de dirección en Francia (Besançon), Portugal, Alemaña, Holanda e Italia, onde resultou semifinalista do XI Concurso Internacional Premio “Guido Cantelli”. Dirixe en festivais de alto prestixio como o Festival Internacional da Semana de Música Relixiosa de Cuenca, os Encontros de Composición da Orquestra de Valencia, o Ourearte Music Fest en Portugal, o Concurso Internacional de Violín CullerArts e o Festival Internacional de Música de Cinema de Málaga. Entre os seus próximos compromisos destacan ser convidada á Orquestra Filarmónica de Gran Canaria, a Orquestra de Cambra Illa de Menorca, a Oviedo Filharmonía e á Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia.
Música de cine, cinco suites temáticas