Competición individual para usuarios da Sala de Cardio Fitness do Campus de Pontevedra en posesión do ABONO MUVER. Cada participante poderá elexir o día en que vai a fazer a proba (martes 30 de novembro, xoves 2 ou venres 3 de decembro) e disporá de 3 intentos dos que soamente computará o mellor deles. Haberá un xuiz que determinará si o levantamente é correcto. Para establecer a clasificación final, a competición vaise rexir polos puntos WILKS, e dicir, relacionando o que levante cada un co seu peso corporal. Non estará permitido o uso de prendas compresivas, muñequeras, nin vendaxes que faciliten o levantamento, asimesmo tampouco estará permitida a extensión lumbar.