CICLO ST2REAM
Entre as modalidades xurdidas a partir das áreas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), sitúase a ST2REAM. Nesta denominación, “T2” corresponde a ensino (teaching); “R”, a lectura (reading); e “A”, a artes. Os seus propósitos diríxense á formación de persoas baixo as liñas da colaboración, o pensamento crítico, a creatividade, a innovación, a investigación etc.
SESIÓN 1. “Ler o xogo: ficción dixital e educación cultural e literaria”
Docente: Lucas Ramada Prieto
Sipnose: A pesar de que case o 80% da poboación en idade de escolaridade obrigatoria consome regularmente formas de ficción dixital, segue sen formar parte dos programas e accións institucionais que garanten o desfrute plural e crítico. Pero, que é a ficción dixital?, lese?, xógase?, cómo se interpreta… Nesta sesión buscaremos asomarnos e indagar nesta esfera cultural tan importante para o mundo contemporáneo desde o xogo e a conversa ao redor dunha selección de obras representativas e da reflexión compartida a partir da experiencia que se vai desenvolvendo.
Día: 22 outubro de 2021
Horario: 9,30 – 11,30
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
SESIÓN 2. “Circuítos en papel e escritura creativa”
Docente: Paola Guimeráns Sánchez
Sipnose: Esta actividade diríxese a todas as persoas que desexen iniciarse nas novas metodoloxías de aprendizaxe para a creación en papel de historias e narracións interactivas. Traballarase a electricidade desde a plástica, ademais de ofrecerse a posibilidade de descubrir como funciona a electricidade e experimentar con materiais que nos permiten facer circuítos en papel sen necesidade de cables e soldaduras e, por tanto, poden incorporarse ás prácticas educativas e profesionais.
Día: 29 outubro de 2021
Horario: 9,30 – 12,30
SESIÓN 3. “Panel interactivo. O futuro do planeta”
Docente: Laura Jiménez Escudero
Sipnose: Darase a coñecer o futuro do planeta se continuamos co ritmo de vida actual, ademais de transmitir, por medio da realización dun mural, unha mensaxe de esperanza, propoñéndose solucións para o cambio. Así, as persoas participantes tamén visualizarán, por medio dunhas gafas 3D, un panel sobre o avance do planeta ao longo dos anos, onde se observarán as diferenzas entre o planeta actual e o planeta futuro, tendo en conta as situacións do cambio climático, a deforestación, a perda de acceso á auga doce, a extición de especies etc.
Día: 5 novembro de 2021
Horario: 9,30 – 14,30
Lugar: Escola de Enxeñaría Forestal
SESIÓN 4. “Mural Artland. A hora do planeta”
Docente: Andrea Brión Meis
Sipnose: A través da creación dun mural xigante seguindo a corrente do “Artland”, na que se utilizan materiais que se poden encontrar na natureza (paos, pedras, follas etc.) e materiais reciclados (botellas, papel, plásticos etc.), búscase promover unha conciencia medioambiental e exhibir a problemática desde unha perspectiva innovadora e visual. As persoas participantes montarán unha mensaxe ou un deseño sobre a temática do proxecto, gravándose o proceso de creación e o resultado final cun dron.
Día: 12 novembro 2021
SESIÓN 5. “Descubrindo a Intelixencia Articificial (AI) e as novas tecnoloxías”
Docentes: David Ballesteros Álvarez e Santiago Vieito
Sipnose: Esta actividade consiste nunha aproximación práctica á AI e á súa aplicación educativa. As persoas asistentes descubrirán a importante presenza que ten a AI na nosa vida cotiá e levarán a cabo actividades que lles permitan crear contidos de AI para o seu uso educativo. De forma complementaria, exploraremos algunhas feramentas tecnolóxicas innovadoras que poden integrarse na aula.
Día: 23 novembro 2021
Horario: 16,00 – 17,30
Lugar: Facultade de Fisioterapia
1.- Ler o xogo: ficción dixital e educación cultural e literaria
2.-Circuitos en papel e escritura creativa
3.-Panel interactivo. O futuro do planeta
4.-Mural Artland. A hora do planeta
5.-Descubrindo a intelixencia artificial (AI) e as novas tecnoloxías