Obxectivos e temática:
O obxectivo principal deste obradoiro oriéntase a achegarse á fotografía creativa aplicada ao retrato e produto como recurso para o proxectos persoais ou de negocio.
Clase 1: Presentacións e coñecemento das necesidades de cada alumno/a. Definir os futuros proxectos de fotografía de produto do alumnado (de cara á clase 3). Teoría básica. Funcionamento da cámara. Tipos de obxectivos. Como traballar co diafragma/ velocidade/ISO. Aplicacións de cámara para o smartphone para sacarlle maior rendemento. Prácticas co alumnado para familiarizarse cos conceptos explicados (diafragma/velocidade/ISO).
Clase 2: Luz natural aplicada ao retrato e tipos de planos. Diferentes modalidades de iluminación. Interior/Exterior. Uso de reflectores. Prácticas co alumnado.
Clase 3: Luz natural e composición para fotografía de produto. Prácticas co material/produto que traia o propio alumnado. Bodegón floral (no caso de que o alumnado non traia material para bodegóns).
Clase 4: Luz artificial aplicada ao retrato/bodegón. Prácticas de retrato e produto con flashes de estudo. Breve introdución á edición dixital con Lighroom. Programas de edición co smartphone