Obxectivos e temática:
O obxectivo central deste obradoiro é buscar a identidade gráfica para un proxecto, marca ou empresa a través da ilustración.
A través da ilustración, achegarémonos á gráfica asociada a todos eses elementos que nos permiten vestir de cara ao mundo os nosos proxectos e ideas, tanto persoais coma de carácter comercial e profesional. Carteis, logotipos, chapas, pegatinas, camisolas..., o mundo gráfico que podes construír arredor da túa idea é infinito. No curso desenvolveremos varias propostas relacionadas coa ilustración aplicada a proxectos reais. Para iso utilizaremos o debuxo, a pintura, o deseño e a imaxinación como as nosas principais ferramentas, co obxectivo de analizar e entender as especiais conexións entre as nosas ideas, a súa representación gráfica e o sector ao que nos queremos dirixir.