Obxectivos e temática:
O obxectivo fundamental deste obradoiro é achegarse ao videoxogo como un medio de expresión e unha ferramenta educativa para que o futuro profesorado e calquera persoa interesada poida internarse no seu coñecemento e nos criterios para a súa boa escolla e uso, así como para deseñar propostas de aprendizaxes desde o xogo.
-Introdución para futuros docentes: explicación e xustificación do título. A importancia de anticiparse ao futuro coñecendo e afondando no presente do mundo do videoxogo, un mundo que os novos docentes lle amosarán ao seu alumnado asumindo a súa realidade: un medio de expresión e unha ferramenta educativa.
-A Fundación do Museo do Videoxogo de Galicia e outras entidades galegas (Videoxogo.gal). Orixe e fins fundacionais.
-O videoxogo como medio de expresión cultural. A súa historia, o seu reflexo nas sociedades e a súa impronta na cultura universal, en comparación con outras industrias.
-Aprender xogando. Reflexión sobre a necesidade de adaptarse ás motivacións do alumnado e á súa realidade social, dende o punto de vista curricular, pero tamén creativo.
-Pensar por nós mesmos. Máis alá dos prexuízos, os convencionalismos e os títulos máis coñecidos. Transversalidade. Sensibilidade e intencionalidade dos creadores.
-Guía para a escolla de videoxogos. Teoría e práctica, con exemplos de títulos interesantes, tamén galegos. Os videoxogos no cambio social.
-Bo uso e uso problemático. Guía para proxenitores e educadores sobre as virtudes dos videoxogos e os posibles prexuízos derivados dun mal uso, en base aos últimos estudos científicos.
-Ciencia, tecnoloxía, matemáticas, física, humanidades, deseño, idiomas... A industria galega do videoxogo.