1.- Distancia: 20 km (circular)
2.- Itinerario: As Laxes – O Monte – O Carreirón – As Laxes
3.- Dificultade: baixa.
4.- Descrición: percorrido circular arredor da Illa de Arousa. Unha oportunidade única para descubrir o Complexo Intermareal Punta de Carreirón, as súas praias e espazos naturais. E tamén ocasión perfecta para visitar aldeas mariñeiras onde comprobar a convivencia harmónica secular do ser humano co medio.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
6.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
9.00 Reunión participantes campus de Ourense na Cafetería Perla (detrás do pavillón universitario do campus de Ourense).
- 9.45 Saída do autocar Rías Baixas na rúa Areal de Vigo, parada bus Areal nº52, próxima á antiga reitoría da Uvigo.
- 10.10 Saída do autocar Rías Baixa de Nakasa Interiorismo, na Praza de Galicia de Pontevedra.
- 11.00 Reunión dos tres campus na cafetería-bocatería PK2 (PO-530, CP 36627 Vilanova de Arousa-Pontevedra). Tlf 986554732
- 11.20 Saída dos dous autocares ao lugar de inicio da ruta.
- 11.30 Inicio da ruta a pé.
- 17.30 Fin da ruta a pé.
- 18.00 Regreso autocares aos lugares de orixe.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.