No caso do campus de Pontevedra existirá un período de reserva, sen necesidade de aboar prezo público ningún. De non reunir o número mínimo de solicitudes (10 nenos/as), que faga viable a posta en marcha da actividade, xa non existirá prazo para a formalización da inscrición.
Prazo de reserva previa (Só no campus de Pontevedra): Do 25 de maio ás 9:00h ao 28 de maio ás 14:00h.
No caso de acadar o mínimo establecido de solicitudes de reserva, estas persoas recibirían un aviso por correo electrónico especificando un prazo para formalizar a súa inscrición e efectuar o pago correspondente.
Rematado este prazo e de non formalizarse todas as inscricións (10 nenos/as) con reserva previa darase a opción ás persoas inscritas interesadas que o desexen, a enviar as/os fillas/os ao campus de Vigo ou de solicitar a devolución dos prezos aboados a través do procedemento establecido ao efecto.
No caso de que se chegue ao mínimo de 10 menores preinscritos, para facer efectiva a inscrición, os pasos a seguir son os seguintes:
1º Nos datos persoais da persoa usuaria, haberá que comprobar se están dados de alta os fillos ou fillas como “usuarios/as tutelados/as” e teñen asignado o colectivo de “Fillo/a de persoa da comunidade Uvigo”.
2º Se están dados de alta, pero non lles figura o colectivo, haberá que entrar en cada un deles e pinchar en “+ Nova alta en colectivo especial”, seleccionar “Fillo/a de persoa da comunidade Uvigo” e subir o arquivo co libro de familia escaneado en tódalas follas.
Estos dous primeiros pasos pódense levar a cabo antes de que se inicie o prazo de inscrición do campus camp.
3º Unha vez aberto o prazo de inscrición para o campus correspondente, haberá que entrar en campus camp e unha vez autenticada a persoa usuaria, seleccionar como usuario ao fillo/a para a continuación elixir o periodo no que se inscribirá.
4º Unha vez confirmada a inscrición, se se quere inscribir un 2º ou sucesivos fillos/as, habería que premer no botón “Continuar mercando” e a continuación no botón “Inscribirse”.
5º Unha vez inscritos tódolos fillos/as, premer no boto “tramitar pedido”.
Descontos en función do número de fillos/as:
Os descontos aplicaranse sempre os/as nenos/as sexan matriculados no mesmo periodo, agás no caso de días soltos, nos que non haberá dereito a desconto:
- 10% no 2º fillo/a.
- 15% no 3º fillo/a
- 20% no 4º fillo/a
- 25% no 5º fillo/a
O desconto farase efectivo unha vez se pulse o botón “tramitar pedido” e se elixa o método de pagamento. Será neste momento cando aparecerá o desglose da contía a pagar cos descontos correspondentes.