O curso ten como obxectivo adquirir unha visión xeral de todos os elementos que compoñen un sistema espacial, os retos e beneficios que levan asociados estes sistemas.
Obxectivos máis específicos e de capacitación:
O conxunto de obxectivos permitirá aos alumnos adquirir as competencias básicas de desenvolvemento de misións espaciais e plataformas satélite baseadas no estándar CubeSat.
O curso será impartido por estudantes das enxeñarías da Universidade de Vigo e enxeñeiros con experiencia en misións espaciais, que actualmente se atopan desenvolvendo unha misión destas características. Realizarase principalmente en formato seminario, cunha parte teórica apoiada por material audiovisual e unha serie de prácticas guiadas polos docentes, nas que os participantes porán en práctica os conceptos básicos e terán que desenvolver habilidades de laboratorio e familiarizarse coa tecnoloxía proposta. Ademais, cada un realizará unha análise de misión espacial, de forma autónoma, para aplicar os coñecementos adquiridos. Aparte disto, farase unha visita á estación de terra á que ten acceso o grupo UVigo SpaceLab.
O curso desenvolverase de xeito presencial, pero para o caso de que deba pasarse á forma telemática, requerirase un ordenador con conexión estable a internet, unha webcam e micrófono, e os programas Arduino IDE, GNU Radio e Matlab ou outro programa de análise numérico. Neste caso, os participantes recibirían as instrucións adecuadas para a instalación dos programas.
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso de extensión entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Módulo 1. Introducción a misións espaciais.
Módulo 2. O estándar CubeSat.
Módulo 3. Retos dun sistema espacial.
Módulo 4. Elementos dun sistema espacial.
Módulo 5. Subsistemas dun CubeSat.
Módulo 6. A estación terrea, instrumentación e telemetría.
Módulo 7. Deseño e montaxe dun pequeno circuíto PCB.
Módulo 8. Implementación dun sistema de control nunha placa de desenvolvemento.
Módulo 9. Manipulación dun pequeno satélite.