Coñecer e comprender a importancia do coidado da saúde mental na etapa perinatal, e por tanto ser capaz de identificar as necesidades da muller xestante, pero tamén as do bebé e a súa familia.
Coñecer os principais aspectos que rodean o proceso de xestación, do parto e posparto e a súa influencia na saúde mental perinatal.
Dotar ás persoas participantes de coñecementos, ferramentas e técnicas que permitan a abordaxe preventiva das problemáticas en saúde mental perinatal.
Proporcionar unha visión integral e multidisciplinar da saúde mental perinatal a través das achegas dos distintos profesionais especializados na temática; incidindo na necesidade de detectar e respostar ás necesidades específicas da muller, do home e do seu/súa bebé, en xeral, de toda a familia, neste proceso.
Dotar aos participantes de estratexias que permitan a abordaxe de problemas de saúde mental perinatal, coñecendo técnicas de diagnose e intervención baseadas na evidencia científica e protocolos estandarizados.
1.-PSICOEDUCACIÓN NA ETAPA PERINATAL.
1.1. O rol da psicoloxía perinatal na psicoeducación a nais e familias
1.2. Grupos de mulleres no embarazo e posparto. O rol das matronas
2.-INFERTILIDADE
2.1. Implicacións emocionais e acompañamento nos procesos de reproducción asistida.
2.2. Infertilidade, Avaliacións, diagnósticos e tratamentos nas unidades de reproducción.
3.- DÓ PERINATAL
3.1.Dó perinatal coma un proceso psicolóxico. Acompañamento e intervención.
3.2. Intervencións e actuacións médicas no acompañamento do dó perinatal
4.- NEONATOLOXÍA
4.1. Intervencións preventivas e acompañamento emocional ás familias nas unidades de neonatoloxía.
4.2. Coidados centrados no desenvolvemento do recén nado e as súas familias. Ética en neonatoloxía.
5.- INTERVENCIÓNS NOS TRASTORNOS DE SAÚDE MENTAL PERINATAL
5.1. Diagnóstico e tratamentos baseados na evidencia nos trastornos de saúde mental perinatal, tratamentos transdiagnósticos.
5.2. Ferramentas psicolóxicas de intervencións nos trastornos de saúde mental perinatal.
5.3. Paternidade e a saúde mental perinatal
6.- TRATAMENTO SOCIAL E NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DA SAÚDE MENTAL PERINATAL