Neste obradoiro o alumnado aprenderá os conceptos básicos sobre que son os fungos e os cogomelos, así como os mecanismos biolóxicos e as condicións que interveñen no seu crecemento e que se poden aproveitar para levar a cabo o seu cultivo ou domesticación de forma controlada. O curso semi-presencial, inclúe todas as fases de crecemento do fungo, dende o seu illamento ao seu cultivo en medio nutritivo e distintos métodos de produción do cogomelo en substratos sólidos.
Inscricións a través da web, na ligazón: campusactivo.uvigo.gal
Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanza de grao por cada 30 horas do estudante.
Mixta
*Este obradoiro pasará á modalidade de videoconferencia se a situación o require
- Introdución ó mundo dos cogomelos e a súa domesticación.
- Cultivo de cogomelos: especies, parámetros, fases, medios e sustratos.
- Medidas de asepsia e esterilización para traballo con micelios.
- Preparación de medios de cultivo: Placa, gran, paca y tronco.
- Contaminantes, infeccions e patóxenos.
- Legislación vinculada con las setas cultivadas.
- Micorrizas e o seu papel no ecosistema.
- Explotación micolóxica forestal.
- Nutracéutica e introdución á micogastronomia