A programación Neuro Lingúística (PNL) é unha metodoloxía centrada no funcionamento dos nosos procesos internos, mentais e emocionais, e especialmente na influencia que a linguaxe ten na nosa programación mental e noutras funcións do noso sistema nervioso. A PNL pregunta como facemos o que facemos e cal é a relación entre os nosos comportamentos e as nosas experiencias. Ensínanos a "reprogramar" (programar) a nosa mente usando a linguaxe (lingúística), que codifica a experiencia percibida polo sistema neurolóxico (neuro), para ter resultados exitosos en calquera das áreas da nosa vida.
Inscricións a través da web, na ligazón: campusactivo.uvigo.gal
Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanza de grao por cada 30 horas do estudante.
* Este obradoiro impartirase na modalidade mixta: presencial e por videoconferencia a través do campus remoto.
- Que é a Programación Neurolingüística (PNL). Historia e definición
- O noso cerebro. Étapas do aprendizaxe.
- Percepción , procesamento e representación da realidade. Os sistemas de representación.
- Activar o noso cerebro a través da PNL. Obxectivos. Intención positiva.
- Comunicarnos mellor ca PNL. Ferramentas eficaces: A escoita activa e o Rapport.