Requisitos de inscrición: manexo mínimo ordenador.
Duración: 30 horas (2h traballo do alumnado)
Obradoiro modalidade mixta (sesións presencias e por videoconferencia). A presentación do curso, o día 26 de febreiro, realizarase por videoconferencia.
Entender como é un aparello: as súas partes (carcasa, alimentación, electrónica e mecánica), o seu funcionamento, as súas propiedades físicas, etc.
Deseñar e imprimir as túas propias pezas en 3D.
Deseñar e programar as túas propias partes electrónicas.
Integrar todas as facetas na creación dos teus propios proxectos completos.
Acceder e empregar os repositorios de información compartida.
Publicar e compartir as túas creacións e/ou útiles.
Exemplo práctico: COVID19 (máscaras, respiradores, protectores, C02, EPls, etc.).
Ferrramentas imprescindibles para as sesións por videoconferencia:
- A plataforma de videoconferencia que se empregará está descrita no seguinte enlace: https://roboteach.es/teleformacion/
- Ordenador persoal (Windows, Linux ou MacOS) cun rato de dous botóns e roda central, noque se poidan instalar as seguintes ferramentas libres e gratuitas:
• FreeCAD (versión 0.19) • Ultimaker Cura (versión 4.8) • Arduino IDE (versión 1.8.x)
- Conexión a internet (suficiente para poder facer videoconferencia, descargar software e accederás páxinas necesarias).
- Estar mínimamente familiarizado co uso dos ordenadores.
Mais información sobre o obradoiro en: http://urw.es/ee2021
Sesión I - [VC] - Presentación e posta en marcha: o teu propio proxecto
- Análise xenérica dun aparello
• Funcionamento (para que sirve, que fai e como o fai)
• Exterior (carcasa/contedor)
• Interior (mecánica/ electricidade /electrónica/ outros)
- Outros proxectos: documentación e repositorios
• Que, como e onde buscar. Inspiración e coñecemento.
• COVID19, mClon, Escornabot, Mana16, Uselessbox ...
- Proxecto persoal
Sesión II - [P/VC] - Deseño 30 –I
- Deseño 3D con FreeCAD - I
• Instalación e configuración
• Personalización e primeiros pasos
• Creación de pezas
Sesión III - [P/VC] - Deseño 3D -II
- Deseño 3D con FreeCAD - II
• Afondamento no deseño 3D
• Repositorios públicos, pezas de exemplo, recursos
• Exportación de pezas e deseños
Sesión IV - [P/VC] - Impresión 3D FDM
- Impresión 3D
• Introdución
• Funcionamento da impresión 3D FDM
• Manexo dunha impresora 3D FDM
• Impresión de pezas
- Fileteado con CURA
- Axustes e correccións
- Solución de problemas comúns
Sesión V - [P/VC] - Electricidade e electrónica
- Introdución
- Electricidade: conceptos base. Alimentación.
- Microcontroladores: Arduino e outros
• Sensores, actuadores e comunicación
• Programación: linguaxes visuais e Arduino IDE
Sesión VI - [P/VC] - Sesión de traballo -I
- Busca de estratexias/solucións para a autofabricación
Sesión VII - [P/VC] - Sesión de traballo - II
- Presentación de resultados
- Reflexión sobre os fitos alcanzados e o seu impacto