Duración: 20 horas
Obradoiro impartido en modalidade mixta: sesións presencias e por videoconferencia
Promocionar o abandono do consumo de tabaco entre a poboación universitaria, fomentando o coñecemento en profundidade sobre esta substancia en calquera das súas formas e conseguindo que as persoas asistentes se convertan en axentes de saúde entre os seus compañeiros e compañeiras.
Eliminar a normalización do consumo de tabaco entre a poboación universitaria.
Xerar axentes de saúde e cultura saudable que incidan na universidade e na súa contorna.
Formar ó alumnado e profesorado das ramas educativa e sanitaria en técnicas e tratamentos para deixar de fumar.
Implementar un programa para deixar de fumar entre a poboación universitaria consumidora de tabaco baseado nos métodos científicos.
- Horario: 16:00 a 18:00 horas. Modalidade videoconferencia: días 1 e 22 de marzo; 6 e 19 de abril; 3 de maio de 2021 - Horario: 16:00 a 19:00 horas. Modalidade presencial: días 8 e 15 de marzo de 2021 - Horario: 16:00 a 20:00 horas. Modalidade presencial: día 10 de maio de 2021
AVISO: Como se trata dun obradoiro aberto que é de interese para amplos colectivos da comunidade universitaria utilizase a plataforma "campusremoto" e, no caso de ser necesario, utilizaranse plataformas gratuitas como "Zoom" (aplicación de software de videoconferencia) que permite interactuar virtualmente con outros usuarios de traballo cando as reunións en persoa non son posibles.