Requisitos de inscrición: Ter realizado previamente un curso de iniciación de escalada acreditado. Antes de realizar a inscrición deberán enviar unha copia do diploma do curso de iniciación a agyra@uvigo.es / diego_alonso@uvigo.es para verificar o cumprimento do requisito . En caso de resposta favorable xa poderán facer a inscrición.
Duración: 30 horas
Obradoiro modalidade presencial
Coñecer o medio no que se desenvolve a práctica, rocha.
Establecer un primeiro contacto coa actividade e entendela como unha forma de superación enriquecedora para a formación.
Coñecer as técnicas de progresión en libre.
Asentar as normas e técnicas básicas de seguridade e aplicalas durante a progresión en parede.
Respectar o medio ambiente (a conservación de espazos protexidos, impacto ambiental, normativa e lexislación).
Historia e desenvolvemento da escalada deportiva en rocha.
Tipos de ancorases fixos.
Coñecemento da técnica xestual básica.
Progresión do escalador sobre a vertical "Escalada de primeiro" e "Escalada de segundo".
Emprego e tipos de descolgues.
Horario e lugar:
7 de maio de 2021. Horario: 11:00 a 13:00 horas. Rocódromo da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte - Campus de Pontevedra 8,9,14 e 15 de maio de 2021. Horario: 10:30 a 17:30 horas. Serra do Galiñeiro (Gondomar)