OBXECTIVOS
1. Ofertar a posibilidade de iniciarse na interpretación dun instrumento tradicional
2. Facilitar a continuidade no ensaio con este tipo de instrumentos a alumnado que por razóns de estudos ten que deixar de facelo nos seus lugares de orixe.
3. Acadar a creación dun Grupo Universitario de Música Tradicional no Campus de Pontevedra.
MODALIDADES
1. MODALIDADE DE INICIACIÓN: O alumnado aprenderá as nocións básicas e fundamentais do funcionamento de diferentes instrumentos populares galegos, de vento (gaita, requinta, asubío, ocarina, acordeón), percusión (tambor, bombo, pandeireta, pandeiro, pandeira...) ou corda (zanfona), tal e como se detalla a continuación. Para o ensino dos mesmos é necesario que o alumno traia consigo o instrumento que máis lle guste aprender a tocar.
TIPOS DE AULAS. ESTRUTURA E CONTIDO: Por mor da situación sanitaria actual, a prioridade neste tipo de aulas será sempre a seguridade dos asistentes ao curso. É por eso que as aulas, no primeiro cuadrimestre, estruturaránse de maneira que a asistencia ás mesmas sexa do menor número posible de alumnos. Por este motivo as clases agruparánse por instrumento escollido: aulas de gaita, zanfona, percusión... atendendo ao número de alumnos e agrupándoos segundo o seu nivel interpretativo. Esto é, aprender a tocar o instrumento canto antes, e mellorar na técnica do mesmo baseándonos nun repertorio que empregaremos en conxunto, en canto a situación sanitaria permita aumentar as ratios.
2.GRUPO UNIVERSITARIO DE MUSICA TRADICIONAL-PONTEVEDRA: O alumnado que teña acreditado un nivel técnico mínimo necesario poderá voluntariamente optar a formar parte do Grupo Universitario de Música Tradicional de Pontevedra que se creará, sempre que a situación sanitaria o permita, no segundo cuadrimestre. A selección correrá a cargo do mestre, en base a criterios de nivel de interpretación, calidade e tipo de instrumento.
PROFESORADO:
Suso Vaamonde Manteiga: Gaiteiro e profesor multiinstrumentalista.
TIPOS DE AULAS. ESTRUCTURA E CONTIDO DE CADA UNHA. AULAS DE ESPECIALIDADE CO MESTRE •Traballo instrumento por instrumento. (seccións) •Grupos reducidos/individual con adicación do 70 % •Ideadas para traballar a técnica, execución e linguaxe propia do instrumento, así como para corrixir erros. •Traballaranse as posturas corporais óptimas e a correcta posición co instrumento. •Contarase con unha programación didáctica propia, que se irá adaptando “in situ” ás necesidades e intereses do alumnado. •Con elas intentarase dotar o alumnado dos recursos necesarios para poder abordar o seu repertorio. •Estableceranse varios niveis para alumnos que comecen a súa andaina musical e outro para alumnos con maior bagaxe. (nivel I e II) GAITA. Coñecemento do repertorio gaiteiro •Traballo da articulación e a ornamentación en base aos diferentes estilos e criterios tradicionais así como a música de autor (picados, batementos, semitrinos, apoiaturas, •toque aberto/pechado…) para abordalos como un xeito de frasear e de expresión do gaiteiro e non como un mero lucimento técnico. •Afinación e empaste dos diferentes tubos sonoros (punteiro, ronco, ronqueta) •Posta a punto do instrumento. Repertorio: Buxos verdes, Heicho de dar queridiña, Himno Galego, Marcha do Antigo Reino de Galiza, Marcha procesional do S. Bieito, Pasodobre dos Carballeiras, entre outras que se irán propoñendo ao longo do curso. PERCUSIÓN I. Bombo, tamboril e pandeireta •Afondar nos recursos que podemos empregar para acompañar as melodías da gaita. •Traballo de arranxos para tamboril, pandeireta e bombo (figuras rítmicas, dinámicas, ...) •Técnica: agarre das baquetas, colocación do instrumento, materiais (tipos de peles, de bordóns, madeiras…) PERCUSIÓN II Percusión de man e percusión miúda •Experimentar cas sonoridades tradicionais e coñecemento da técnica de cada instrumento. •Traballo do repertorio tradicional e tamén das posibilidades actuais destes instrumentos. •Percusión de man: coñecemento do repertorio propio dos pandeiros e pandeiras así como dos seus toques tradicionais dependendo de cada zona. •Percusión miúda: traballo nas súas posibilidades sonoras a través da experimentación cos instrumentos e os diferentes materiais para poder formar un “ensemble” de percusión. •Repertorio: cantos de pandeiro e pandeira, posibles arranxos. ZANFONA •Posta a punto do instrumento. •Nocións históricas do instrumentos e dos seus recuperadores (Os cegos. Faustino Santalices, Perfecto Feijoo…) •Afinación e empaste. (cordas cantantes, bordóns…) •Técnica tradicional e técnica mordena: como articular cada frase musical •Profundizar nas posibilidades sonoras do instrumento. •Repertorio orientativo: Cantos de cego, Valse de Taramundi, Alalá das Mariñas, Foliada de Baiona, Muiñeira de Sabaxáns, etc. FRAUTAS Traballo dos diferentes instrumentos de vento: frautas de bisel, traveseiras, ocarinas… •A requinta, frauta e o pínfano como instrumentos principais. •Achegamento a música folk •Control da respiración •Calidade e emisión do son •Articulación como xeito de expresión para frasear de xeito correcto •Repertorio: Muiñeira de Santa María de Oleiros, Foliada de Barro de Arén, Pasodoble de San Roque, Alborada Anterga de Ourense PRÁCTICA INDIVIDUAL (ADICACIÓN DO 30%) O alumno ten un tempo para o seu estudo persoal con material propio ou instrumentos do obradoiro, está enfocado para poder mellorar e traballar todas as cuestións vistas nas clases anteriores. Actividade parcialmente dirixida con adicación do 30 % AULAS COLECTIVAS (Conxunto, grupo…) •Traballo conxunto dun repertorio. Posta en común e memorización das obras. •Música tradicional. Necesidade de tocar en grupo. •Formar un grupo de música estable no campus. •Traballo e coñecemento dos xéneros básicos da música popular galega. •Traballo de afinación e empaste. •Traballo dos planos que ocupan os instrumentos e a función de cada un. Escolla de repertorio dependendo do tipo de concerto e grupos Grupos para aulas colectivas: 1.-Gaitas e percusión I Profundizar no repertorio propio dos grupos de gaiteiros que inundaron o país ao longo do século XX. Exemplo: Repertorio de Ricardo Portela, cuartetos (Os Campaneiros, Os Areeira). Repertorio orientativo: Marcha de San Bieito, O Vira o pé, Ribeirana de Vigo, A Farruquiña, Foliada de Pontevedra, Buxos Verdes, Himno Galego, Marcha do Antigo Reino, Marcha do San Bieito, Pasodoble dos Carballeiras. 2.-Zanfonas, frautas e percusión II Agrupación máis acústica. Repertorio orientativo: O Carro, Foliada de Arzúa, Maria (valse), Fisterra, Valse de Taramundi, Os teus ollos, Valse de Ribadavia 3.-Tutti/ Ensemble de instrumentos populares – Grupo de Música Tradicional do Campus de Pontevedra Coñecer as diferentes fontes das que podemos sacar repertorio: traballos de campo, cancioneiros, coros históricos. Traballar nas posibilidades que estes instrumentos teñen en conxunto.
Agrupación: descarte-se nun principio o ensaio da agrupación na súa totalidade polos motivos sanitarios expostos. Este primeiro cuadrimestre as clases terán a finalidade de reforzar técnicamente o uso do instrumento.
Como resultado deste xeito de traballo do primeiro cuadrimestre, as persoas que acrediten ter acadado un nivel técnico mínimo necesario poderán optar, voluntariamente, a formar parte do Grupo Universitario de Música Tradicional de Pontevedra que se creará no segundo cuadrimestre, de xeito estable (sempre que a situación sanitaria o permita). A selección de persoas para o grupo dependerá do mestre, en base a criterios de nivel de interpretación do instrumento, calidade e tipo de instrumento.
Todas estas restriccións irán mudando durante o cuadrimestre para adaptar-se á situación da covid-19, consonte os requerimentos de cada momento e segundo as normativas universitarias e sanitarias o estimen oportuno.
GAITA. Coñecemento do repertorio gaiteiro
•Traballo da articulación e a ornamentación en base aos diferentes estilos e criterios tradicionais así como a música de autor (picados, batementos, semitrinos, apoiaturas, toque aberto/pechado…) para abordalos como un xeito de frasear e de expresión do gaiteiro e non como un mero lucimento técnico.
•Afinación e empaste dos diferentes tubos sonoros (punteiro, ronco, ronqueta)
•Posta a punto do instrumento. Repertorio: Buxos verdes, Heicho de dar queridiña, Himno Galego, Marcha do Antigo Reino de Galiza, Marcha procesional do S. Bieito, Pasodobre dos Carballeiras, entre outras que se irán propoñendo ao longo do curso.
PERCUSIÓN I. Bombo, tamboril e pandeireta
•Afondar nos recursos que podemos empregar para acompañar as melodías da gaita.
•Traballo de arranxos para tamboril, pandeireta e bombo (figuras rítmicas, dinámicas, ...)
•Técnica: agarre das baquetas, colocación do instrumento, materiais (tipos de peles, de bordóns, madeiras…)
PERCUSIÓN II. Percusión de man e percusión miúda
•Experimentar cas sonoridades tradicionais e coñecemento da técnica de cada instrumento.
•Traballo do repertorio tradicional e tamén das posibilidades actuais destes instrumentos.
•Percusión de man: coñecemento do repertorio propio dos pandeiros e pandeiras así como dos seus toques tradicionais dependendo de cada zona.
•Percusión miúda: traballo nas súas posibilidades sonoras a través da experimentación cos instrumentos e os diferentes materiais para poder formar un “ensemble” de percusión.
•Repertorio: cantos de pandeiro e pandeira, posibles arranxos.
ZANFONA
•Posta a punto do instrumento.
•Nocións históricas do instrumentos e dos seus recuperadores (Os cegos. Faustino Santalices, Perfecto Feijoo…)
•Afinación e empaste. (cordas cantantes, bordóns…)
•Técnica tradicional e técnica moderna: como articular cada frase musical
•Profundizar nas posibilidades sonoras do instrumento.
•Repertorio orientativo: Cantos de cego, Valse de Taramundi, Alalá das Mariñas, Foliada de Baiona, Muiñeira de Sabaxáns, etc.
FRAUTAS. Traballo dos diferentes instrumentos de vento: frautas de bisel, traveseiras, ocarinas…
•A requinta, frauta e o pínfano como instrumentos principais.
•Achegamento a música folk
•Control da respiración
•Calidade e emisión do son
•Articulación como xeito de expresión para frasear de xeito correcto
•Repertorio: Muiñeira de Santa María de Oleiros, Foliada de Barro de Arén, Pasodoble de San Roque, Alborada Anterga de Ourense