Coñecer unha lingua visoxestual.
Examinar algunhas das crenzas erróneas sobre as linguas de signos e a comunidade e cultura xorda.
Iniciar ao alumnado na comunicación básica da lingua de signos española (LSE).
Coñecer o contexto social, lingüístico, cultural e educativo no que se desenvolven as persoas xordas.
Desenvolver no alumnado unha actitude de respecto cara outras manifestacións lingüísticas e as minorías lingüísticas que as falan.
Familiarizar ao alumnado cos recursos didácticos, publicacións e actividades sobre a lingua de signos e a comunidade xorda.