O abono mUVer proporciona acceso ás instalacións deportivas de uso individual da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
Vantaxes do abono
- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).
- Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness incluídas no abono (inicio previsto o 21 de setembro).
- Seguimento técnico e médico-deportivo dos programas de adestramento.
- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas, nos servizos de saúde e nas actividades puntuais no medio natural.