1. Persoas destinatarias
Terán prioridade as persoas pertencentes á comunidade universitaria. Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas necesario para conformar o grupo, abrirase a inscrición para as persoas externas.
2. Procedemento de inscrición
- Realizar a pre-inscrición nesta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesario para conformar o grupo, estas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa pre-inscrición e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 horas.
- O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
- Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas necesario para conformar o grupo, abrirase o prazo de inscrición para as persoas non universitarias.
4. Recoñecemento de horas ECTS
- Recoñeceranse ata 30 horas ECTS polo nivel de iniciación e 30 horas polo de perfeccionamento. Estas horas poderán acadarse unha soa vez por cada nivel.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.