Unha fin de semana na Reserva da Biosfera de Allariz para adquirir destrezas e ferramentas coas que achegarse ao Patrimonio natural e cultural. O obradoiro inclúe varias rutas a pé e en bicicleta, visitas interpretativas a varios monumentos, zonas protexidas e museos. As persoas participantes no taller mellorarán as súas competencias profesionais para prestar servizos tando en organismos públicos como privados.
A cooperativa de xestión cultural Xeitura porá a disposición do alumnado, incluído no prezo de matrícula, as súas instalacións de aloxamento no albergue de segunda categoría "A Escola" en réxime de aloxamento e almorzo para o tempo que dure o obradoiro. O Concello de Vilar de Santos porá a disposición do alumnado uin autobús que faga o disprazamento Ourense-Vilar de Santos na primeira xornada e outro para a xornada de campo final do domingo e regreso ao Campus de Ourense
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades presenciais programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante.