Ofrecer aos participantes unha visión xeral dos procesos cerámicos.
Introducir ao alumnado nas técnicas básicas de construción e decoración.
Adquirir coñecementos prácticos para a realización de pezas cerámicas.
Reflexionar sobre a sostenibilidade dos utilitarios de cerámica fronte ao plástico.
METODOLOXIA
Realización dunha enquisa previa de avaliación dos coñecementos das persoas participantes.
Explicación e entrega por escrito do programa do curso.
Explicación e entrega por escrito dos datos técnicos máis relevantes sobre os exercizos a realizar.
Elaboración de tres exercizos práticos guiagos (un por cada técnica de construción), con exemplos de pezas reais en distintas fases de acabado para ilustrar as explicacións.
Elaboración dun boceto e posterior execución dun exercizo libre.
Decoración con distintas técnicas das pezas realizadas nos exercizos: texturas, engobes, pigmentos, vidriados e esmaltes.
O traballo será principalmente individual, pero tamén se desenvolverán algunas técnicas en grupos reducidos.
Reservará-se un tempo para adiantar o que se vai realizar o día seguinte.
Segundo o desenvolvemento do curso, poderá-se afondar máis nalgúns temas que sexan precisos.
Divide-se o curso en distintas semanas para o secado das pezas e a primeira cocción.
Lugar e horarios:
Facultade de Belas Artes. Taller de cerámica e aula 04
13, 14, 15, 20, 21 e 22 de abril de 2020
De 16:00 a 21:00 horas
30 horas