1. Información xeral
A Asociación Xadrez Ourensán Universitario é unha entidade independente da Universidade de Vigo pero coa que mantén unha intensa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do xadrez entre a comunidade universitaria e a poboación da contorna do campus de Ourense. Entre estas actividades está incluída a súa práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de escolas de iniciación e perfeccionamento ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividade federada
O club conta na actualidade con equipos en case todas as categorías autonómicas incluída a 1 ª División. Para participar nas actividades federadas organizadas deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais establecidas polo club.
3. Uso das instalacións deportivas e recoñecemento de horas ECTS das persoas federadas
As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas no convenio de colaboración asinado entre as partes (uso das instalacións universitarias ou recoñecemento de horas ECTs pola práctica federada), deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
4. Máis información e contacto
Correo electrónico: linohermida@yahoo.es
Tel.: 660068654