O Ourense Rugby Club é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que existe unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do rugby entre a comunidade universitaria e pre-universitaria da cidade de Ourense. Nestas actividades está incluída a súa práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de actividades de iniciación para persoas non federadas ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva. Para participar nas actividades federadas organizadas polo Ourense Rugby Club deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais establecidas polo club.
As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas no convenio de colaboráción entre ambas entidades deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web e achegar a copia da súa licenza federada.
Mais información e contacto:
Páxina web Ourenserugby.com
Facebook: @ourenserugby
Correo electrónico: ourenserugby@ourenserugby.com