O Campus de Vigo conta cunha pista de atletismo onde se poderán practicar as actividades atléticas de carreiras, saltos e lanzamentos.
1.- Normas de uso xerais:
- Poderase acceder individualmente a esta instalación mediante entradas multi-deporte ou abonos.
- Tamén será posible facer a reserva completa da instalación para realizar un uso non compartido con outras persoas usuarias. Para isto deberá identificarse nesta web e facer unha «nova reserva simple». No caso de reservas de máis dunha franxa horaria, de máis dun día ou con máis de 7 días de antelación, deberá achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 20.
- As persoas deberán identificarse na conserxería do pavillón universitario antes de acceder á pista de atletismo.
- Non está permitido fumar nin comer en todo o recinto deportivo.
1.1 Carreiras:
- Realizaranse sempre con zapatillas de cravos dun máximo de 6 mm de lonxitude, agás no caso das rúas exteriores 5 e 6, nas que poderán usarse zapatillas sen cravos.
- As rúas 1 e 2 quedan reservadas exclusivamente para competicións, polo que queda prohibida a súa utilización en adestramentos, salvo autorización expresa do SD.
- As series de menos de 150 metros realizaranse sempre na contrarrecta.
1.2 Saltos:
- Poderanse practicar con ou sen zapatillas de cravos.
- Os saltos de lonxitude e triplo realizaranse nos corredores e nos fosos de area.
- O salto de altura realizarase na media lúa na que se encontren instalados os saltómetros.
- O salto con pértega soamente poderá practicarse cando non exista actividade no campo de fútbol/rugby e será necesario acreditar a suficiente experiencia nesta actividade.
- Para a realización de multisaltos de adestramento poderanse utilizar ambas medias lúas ou os corredores de saltos.
1.3 Lanzamentos:
- Deberá consultarse previamente a dispoñibilidade do campo de herba natural como superficie de recepción dos artefactos.
- Ademais de nos círculos propios das disciplinas, os lanzamentos de peso e disco poderanse realizar en ambas medias lúas, sempre que a caída dos artefactos se produza na herba.
- O lanzamento de xavelina poderá realizarse dende as dúas medias lúas, con ou sen zapatillas de cravos.
- O lanzamento de martelo só se poderá realizar na gaiola cando esta teña a rede levantada. No caso de empregar artefactos alternativos (balóns atados con cordas), si poderán ser utilizados fóra da gaiola.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DA INSTALACIÓN
- Ano de apertura: 2003
- Dimensións (m2): 400 m (3172 m2) - 6 rúas e 8 rúas na recta de meta
- Tipo de pavimento: tartán
- Modalidades deportivas: atletismo
- Localización: instalacións exteriores
- Cabida deportistas: 20
- Cabida público xeral: 200
- Vestiarios: si
- Poderase acceder a esta instalación mediante entradas multideporte, abonos ou acordos de uso asinados e en vigor. Tamén será posible facer a reserva da instalación completa para realizar un uso exclusivo non compartido con outras persoas usuarias.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta destas instalacións será de 20.
- Realizaranse sempre con zapatillas de cravos dun máximo de 6 mm de lonxitude, agás no caso das rúas exteriores e 7 e 8 nas que poderán usarse zapatillas sen cravos.
- O salto de altura realizarase na media lúa na que estean instalados os saltómetros.
- Ano de apertura: 2011
- Dimensións (m2): 15400
- Cabida deportistas: 44
- Cabida público xeral: 288
DESENVOLVEMENTO DA PRÁCTICA
Rúa 1
series de + 400 metros.
Rúa 2
pechada
Rúa 3
velocidade
Rúa 4
rúa de regreso
Rúa 5
Rúa 6
Rúa 7
Rúa 8