O Campus de Pontevedra conta, no interior do pavillón universitario, cunha pista polideportiva cuberta para a práctica do baloncesto, o voleibol, o fútbol sala e o balonmán. Para calquera outro tipo de actividades será necesario solicitalo previamente no correo electrónico depor-po@uvigo.es, indicando o tipo e as características da actividade que se pretende realizar
1.- Normas de uso e reserva:
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas para grupos, poderán ser de media pista ou da pista enteira.
- Para cada reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- A persoa responsable da reserva deberá indentificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo desta. Nas reservas gratuítas para a comunidade universitaria deberán identificarse todas as persoas participantes.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 10 no caso da pista enteira e de 6 para unha metade. De non acadar este número, aplicarase a tarifa xeral para as persoas non universitarias.
- No suposto de que a pista ou algunha das súas divisións non estea ocupada, poderase solicitar a súa utilización nese intre de xeito gratuíto por parte de calquera persoa da comunidade universitaria, aínda que non cumpra co mínimo de persoas necesario establecido no punto anterior.
- A práctica deportiva realizarase con roupa e calzado axeitado.
- Non está permitido fumar nin comer en todo o recinto deportivo.
2. -Características técnicas da instalación
- Ano de apertura: 2009
- Dimensións (m2): 900
- Tipo de pavimento: goma
- Modalidades deportivas: fútbol Sala, baloncesto, balonmán, voleibol e actividades dirixidas
- Localización: pavillón universitario
- Cabida deportistas: 28
- Cabida público xeral: 200
- Vestiarios: si
O Campus de Pontevedra conta, no interior do pavillón universitario, cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
Normativa de acceso e uso:
- É necesario realizar unha reserva previa ao momento do uso a través da aplicación informática campusactivo.uvigo.gal.
- No caso de verse superada a cabida máxima denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder a esta instlación é de 16 anos.
- O uso da máscara será obrigatorio durante todo momento, incluíndo durante a realización do exercicio.
- Deberase utilizar unha toalla grande para evitar o contacto directo coa superficie dos equipamentos.
- As persoas usuarias limparán o material utilizado antes e despois do seu uso.
- Non se poderá entrar con calzado da rúa, chancletas, sandalias, roupa non deportiva, bolsas ou mochilas.
- Establécese en 90 min o tempo máximo de utilización das salas cardio-fitness para favorecer a rotación das persoas usuarias.
- O uso continuo das máquinas de exercicio cardiovascular (stepper, elíptica, remoergómetros, cintas de correr, etc) será como máximo de 30 minutos. En calquera caso, recoméndase por norma xeral realizar este tipo de exercicio ao aire libre.
- Todas as persoas usuarias deberán devolver ao seu lugar orixinal o material utilizado no seu adestramento. En calquera caso, a alteración das condicións de uso dos distintos equipamentos (equipo de música, bicicletas, colchonetas, bancos, etc) deberá ser autorizado polas persoas responsables da sala.
- Por razóns de seguridade, non está permitido sobrecargar as máquinas con ningún tipo de peso adicional.
- Na sala cardio-fitness haberá programas con rutinas xerais de exercicio a disposición de calquera persoa usuaria que o solicite e, se necesitas algo máis específico, non dubides en falar co persoal técnico.
Características técnicas da instalación
- Dimensións (m2): 230
- Modalidades deportivas: cardiovascular e fitness
- Cabida deportistas: 25