O Campus de Ourense conta cun campo de herba sintética para a práctica do fútbol (7, 8 e 11) e do rugby.
Normas de uso:
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas para grupos de persoas. Poderanse facer reservas de medio campo ou do campo enteiro.
- Para cada reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- A persoa responsable da reserva deberá identificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo desta. Nas reservas gratuítas para a comunidade universitaria deberán identificarse todas as persoas participantes.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 14 no caso de medio campo e de 22 no caso do campo enteiro. De non acadar este número, aplicarase a tarifa xeral para persoas non universitarias.
- No suposto de que a pista ou algunha das súas divisións non estea ocupada, poderase solicitar a súa utilización nese intre de xeito gratuíto por parte de calquera persoa da comunidade universitaria, aínda que non cumpra co mínimo de persoas necesario establecido no punto anterior.
- A práctica deportiva realizarase con botas multitaco ou de tacos de goma.
- Non está permitido fumar nin comer en todo o recinto deportivo.
Características técnicas da instalación:
- Ano de apertura: 2011
- Dimensións (m2): 7924,29
- Tipo de pavimento: herba sintética
- Modalidades deportivas: fútbol 11, fútbol 7/8
- Localización: instalacións exteriores
- Cabida deportistas: 40
- Cabida público xeral: 288
- Vestiarios: si
O CDU BeOneOurense é unha instalación deportiva sita no Campus Universitario s/n, 32004. Está xestionada pola empresa BeOne. e conta cunha piscina de 20 m, unha sala de actividades dirixidas e unha sala cardio-finess.
A comunidade universitaria pode acceder a esta instalación a través dos abonos combinados do Servizo de Deportes ou directamente facéndose socio ou socia do CDU BeOne Ourense.
> Persoas socias do CDU BeOne Ourense - Para consultar toda a información sobre esta instalación, visita a súa web: BeOne CDU Ourense
1.- Normas de uso xerais:
- Poderase acceder a esta instalación mediante entradas multideporte, abonos ou acordos de uso asinados e en vigor. Tamén será posible facer a reserva da instalación completa para realizar un uso exclusivo non compartido con outras persoas usuarias.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta destas instalacións será de 20.
- As persoas deberán identificarse na conserxería do pavillón universitario antes de acceder á pista de atletismo.
1.1 Carreiras:
- Realizaranse sempre con zapatillas de cravos dun máximo de 6 mm de lonxitude, agás no caso das rúas exteriores e 7 e 8 nas que poderán usarse zapatillas sen cravos.
- As rúas 1 e 2 quedan reservadas exclusivamente para competicións, polo que queda prohibida a súa utilización en adestramentos, salvo autorización expresa do SD.
- As series de menos de 150 metros realizaranse sempre na contrarrecta.
1.2 Saltos:
- Poderanse practicar con ou sen zapatillas de cravos.
- Os saltos de lonxitude e triplo realizaranse nos corredores e nos fosos de area.
- O salto de altura realizarase na media lúa na que estean instalados os saltómetros.
- O salto con pértega soamente poderá practicarse cando non exista actividade no campo de fútbol/rugby e será necesario acreditar a suficiente experiencia nesta actividade.
- Para a realización de multisaltos de adestramento poderanse utilizar ambas medias lúas ou os corredores de saltos.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DA INSTALACIÓN
- Dimensións (m2): 15400
- Tipo de pavimento: tartán
- Modalidades deportivas: atletismo
- Cabida deportistas: 44
DESENVOLVEMENTO DA PRÁCTICA
Rúa 1
series de + 400 metros.
Rúa 2
pechada
Rúa 3
velocidade
Rúa 4
rúa de regreso
Rúa 5
Rúa 6
Rúa 7
Rúa 8
O Campus de Ourense conta, no interior do pavillón universitario, cunha pista polideportiva cuberta para a práctica do baloncesto, o voleibol, o fútbol sala, o balonmán e o bádminton.
1.- Normas de uso e reserva:
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas para grupos, poderán ser de media pista ou da pista enteira.
- A persoa responsable da reserva deberá indentificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo desta. Nas reservas gratuítas para a comunidade universitaria deberán identificarse todas as persoas participantes.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 10 no caso da pista enteira e de 6 para unha metade. De non acadar este número, aplicarase a tarifa xeral para as persoas non universitarias.
- A práctica deportiva realizarase con roupa e calzado axeitado.
2. - Características técnicas:
- Ano de apertura: 2003
- Dimensións (m2): 1309
- Tipo de pavimento: parqué
- Modalidades deportivas: fútbol sala, balonmán, voleibol, hockey patines, baile deportivo, roller derby, bádminton
- Localización: pavillón universitario
- Cabida público xeral: 192
O Campus de Ourense conta con dúas pistas de tenis para a práctica deportiva libre e onde imparten clases tamén as escolas deportivas de tenis e de tenis infantil.
1.- Normas de uso:
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas da pista completa.
- A persoa responsable da reserva deberá identificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo da actividade. No caso das reservas gratuítas para a comunidade universitaria será necesario que se identifiquen todas as persoas participantes na reserva.
- Para o pagamento de cada reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- A altura e a tensión das redes de tenis soamente poderá ser modificada polo persoal da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
- A raqueta e as bólas a utilizar serán as específicas para este deporte, polo que queda prohibida a utilización de calquera outra que non teña as mesmas características.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS (PISTAS TENIS 1 e 2)
- Ano de apertura: 2012
- Dimensións (m2): 758
- Modalidades deportivas: tenis
- Cabida deportistas: 6
- Cabida público xeral: non aplica
O Campus de Ourense conta, no interior do pavillón universitario, cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
Normativa de acceso e uso:
- É recomendable facer con antelación unha nova entrada/sesión a través da aplicación informática campusactivo.uvigo.gal para asegurar a dispoñibilidade de praza.
- No caso de verse superada a cabida máxima, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder a esta instalación é de 16 anos.
- Deberase utilizar unha toalla grande para evitar o contacto directo coa superficie dos equipamentos.
- As persoas usuarias limparán o material utilizado antes e despois do seu uso.
- Non se poderá entrar con calzado da rúa, chancletas, sandalias, roupa non deportiva, bolsas ou mochilas.
- Establécese un tempo máximo de utilización de 90 min para favorecer a rotación das persoas usuarias.
- O uso continuo das máquinas de exercicio cardiovascular (stepper, elíptica, remoergómetros, cintas de correr, etc) será como máximo de 30 minutos. En calquera caso, recoméndase por norma xeral realizar este tipo de exercicio ao aire libre.
- Todas as persoas usuarias deberán devolver ao seu lugar orixinal o material utilizado no seu adestramento. En calquera caso, a alteración das condicións de uso dos distintos equipamentos (equipo de música, bicicletas, colchonetas, bancos, etc) deberá ser autorizado polas persoas responsables da sala.
- Por razóns de seguridade, non está permitido sobrecargar as máquinas con ningún tipo de peso adicional.
- Na sala cardio-fitness haberá programas con rutinas xerais de exercicio a disposición de calquera persoa usuaria que o solicite e, se necesitas algo máis específico, non dubides en falar co persoal técnico.
Características técnicas:
- Dimensións (m2): 341,8
- Modalidades deportivas: fitness
A Área de Benestar, Saúde e Deporte conta, no pavillón universitario, cunha sala de medicina deportiva e de fisioterapia (n º de rexistro C-36-0015554) onde se realizan valoracións funcionais e tratamentos ás persoas usuarias que así o soliciten.
Características técnicas da instalación
- Tipo de pavimento: formigón pulido
- Cabida deportistas: 2
- Medidas COVID-19: si (estipuladas no DOG)
O Campus de Ourense conta, no interior do pavillón universitario cunha sala mltiusos para o desenvolvemento de actividades dirixidas de fitness.
- No caso das actividades dirixidas, o modo de acceso é mediante sesións puntuais ou bonos.
- As salas multiúsos tamén poderán ser reservadas por grupos de persoas para o desenvolvemento de actividades non organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte. Para solicitar a reserva deste espazo deberá identificarse nesta web e achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva.
- Para o pagamento de cada reserva das salas multiúsos, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- A persoa responsable da reserva deberá indentificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo desta. No caso das reservas gratuítas para a comunidade universitaria será necesario que se identifiquen todas as persoas participantes na antedita reserva.
Ano de apertura: 2018
- Dimensións (m2): 279,35
- Tipo de pavimento: linóleo
- Modalidades deportivas: defensa personal, MMA, taekwondo, tai-chi, zumba, power dundell