A Área de Benestar, Saúde e Deporte dispón dun servizo de aluguer de bicicletas BTT no pavillón universitario do Campus Lagoas - Marcosende.
Normas de uso xerais
- Podes acceder a este servizo a través do abono mUVer ou das entradas multideporte.
- A bicicleta préstase durante períodos máximos de 3 horas.
- O uso está limitado ás rutas e espazos próximos ao Campus Lagoas - Marcosende.
- Non está permitida a circulación de bicicletas no circuíto de carreira a pé.
- Debe facerse un uso correcto da bicicleta, hai que devolvela no mesmo estado de funcionamento no que se recibiu. De non ser así, aplicarase o establecido na normativa da Universidade.
- Ao finalizar a reserva, a persoa usuaria debe utilizar a mangueira sita na porta de entrada do pavillón para limpar a bicicleta antes de devolvela.
A Universidade de Vigo conta, no campus Lagoas-Marcosende, cun espazo natural perfecto para a práctica de deportes ao aire libre como poden ser as carreiras de orientación, as carreiras a pé ou o trail.
1. Normas de uso xerais
- Os espazos naturais do campus son públicos e están abertos ao uso deportivo de calquera persoa. O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico para poder utilizalos.
- Para desenvolver actividades deportivas de carácter organizado, e ter acceso gratuíto aos vestiarios das instalacións deportivas, será necesario facer previamente unha solicitude de reserva a través desta mesma web (Iniciar sesión / nova reserva múltiple) e agardar a autorización da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
2. Plano de Orientación
A Universidade conta cun plano de orientacion homologado que abrangue todo o campus Lagoas-Marcosende e os parques forestais de Beade e Bembrive.
3. Características técnicas do plano
- Denominación: Parque do Coñecemento (plano de orientación)
- Ano de apertura: 2018
- Dimensións (m2): 1 210 000 (zona do Campus)
- Tipo de pavimento: terra
- Modalidades deportivas: orientación, carreira a pé
- Localización: instalacións exteriores
- Cabida deportistas: sen límite
- Cabida público xeral: sen límite
- Vestiarios: si
- Medidas COVID-19: si (estipuladas no DOG)
A pista de carreira a pé do campus As Lagoas-Marcosende ten unha distancia de 1000 m, o circuíto longo, e de 650 m, o curto, e discorren pola beira do estadio de atletismo e o campo de herba sintética.
- Para desenvolver actividades deportivas de carácter organizado e ter acceso gratuíto aos vestiarios das instalacións deportivas será necesario facer previamente unha solicitude de reserva a través desta mesma web (Iniciar sesión / nova reserva múltiple) e agardar a autorización da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
2. Características da instalación
- Ano de apertura: 2015
- Dimensións (m): 1000 (circuíto longo), 650 (circuíto corto)
- Modalidades deportivas: carreira
- Cabida público xeral: 200
A Oficina de Medio Ambiente (OMA) preparou varios itinerarios ambientais por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico dentro do campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo (UVigo). A Ruta de Fondo localízase na parte baixa do campus e ten as seguintes características:
- Distancia: 1,5 km
- Duración: 45 min (1 h con guía)
- Dificultade: baixa
- Track Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=1587884&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S
- O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico ou unha entrada multideporte para poder utilizalos.
- Mais información sobre estas rutas medioambientais na web da OMA.
A Oficina de Medio Ambiente (OMA) preparou varios itinerarios ambientais por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico dentro do campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo (UVigo). A Ruta da Cima localízase na parte alta do campus e ten as seguintes características:
- Distancia: 1,2 km
- Track Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=1587811&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S